A morte das linguas
O obxecto de debate desta semana son os catro textos
relativos á morte das linguas. Neles atopamos opinión diversas en canto á
visión da perda que se está a producir neste ámbito.
Por unha banda, os autores Salikoko Mufwene e Mauro
Fernández defenden que esta perda xa é inevitable e parte incluso do propio
ciclo da vida. A diferenza máis notable é que, mentres Mufwene ten unha
posición resignada frente ao tema, Mauro Fernández propón centrarse na
recolección de mostras das linguas que se atopan en perigo, tentar conxelalas.
David Crystal amósanos unha visión a ter en conta en
tanto á desaparición das linguas, que é a posibilidade de que unha catástrofe
natural asole a terra na que habitan estas, acabando cos seus habitantes e falantes.
Esta visión pode ligarse á visión de morte de linguas como unha catástrofe. Un
suceso devastador que arrasa con todo o que atopa diante, visión que critica
Mauro Fernández.
Por último, contrapoñéndose notablemente aos dous
primeiros autores, está Tove Skutnabb-Kangas. Esta autora fai unha dura
declaración sobre a razón pola que as linguas desaparecen, e é porque nós, as
persoas, os falantes, somos as que rematamos con elas. É a humanidade quen está
asasinando as linguas, non morren de forma natural, polo que non podemos tentar
usar eufemismos como morte ou desaparición, senón falar claramente de asasinato.
Resúltame imposible tentar normalizar a desaparición
masiva de linguas que se está producindo no mundo. Concordo con Tove Skutnabb-Kangas
na maioría dos aspectos do seu discurso. Se as linguas están a morrer é porque
nós, aqueles que temos a capacidade de mantelas con vida, non loitamos por
facelo.
Resúltame curioso como este tema é ignorado no sistema
educativo tanto tempo, ata o punto de ter que chegar á carreira de Filoloxía
para darte conta da realidade na que estamos a vivir, sír da caverna de Pratón
e ver que o inglés ou francés que tanto se nos quixo imponer están contribuindo
a este asasinato. Vese un patrón socio-económico nas linguas impostas no
sistema educativo, é imposible non decatarse a estas alturas de que a política
é a que motivou este pulo de morte das linguas. As chamadas potencias mundiais
implantan sen pestanexar o seu idioma como código para comunicarse co resto do
mundo, dando igual se a reunión ten lugar nun país no que falen outro idioma.
Móstrannos que eles son o poder, que nos estamos por debaixo deles, que a nosa
lingua val menos que a deles.
É innegable que somos nós, as persoas, por tanto,
quenes estamos rematando coa diversidade da que gozabamos. Pero non só son os
altos cargos e políticos os que provocan esta crime; aqueles que miran cara
outro lado son igual de culpables que eles. As persoas que son conscientes da
progresiva desaparición dun idioma e aínda así non fan nada por evitalo, son
tamén asasinos. Todos pensamos que xa haberá xente que fale esa lingua, que o
feito de que ela a fale non vai cambiar nada, pero un pequeño cambio para ti,
pode ser un gran avance. Se comezas a empregar a lingua no teu día a día, pode
que a xente do teu redor tome exemplo, ou que estiveran na mesma encrucixada que
ti, saian de dúbidas e se animen a falala máis amiudo, que tenten incorporala
ao seu día a día.
Tamén debemos ser conscientes da posibilidade que
propón Crystal sobre o tema, que ocorra unha catástrofe que afecte a
practicamente todos os falantes da lingua. Neste caso, a labor das lingüistas sería
tratar de, en primeiro lugar, recolectar toda a información posible sobre o
idioma en cuestión a través de falantes ou, en caso de que existirán, mostras
escritas. Nunha segunda instancia, tentar que os superviventes non perdan a súa
lingua e conciencialos de transmitilas ás vindeiras xeracións. Por último, no
caso de que as terras pudieran ser repoboadas, tentar redescubrirlles a lingua
propia do lugar, mais sendo consciente de que a lingua non e só a terra na que
se atopa, senón os falantes. Remítome aquí á frase do autor Manuel María sobre
Galiza: “Galiza somos nós, a xente e máis a fala; se buscas a Galiza, en ti
tes que atopala”. Como ben di o autor, a nación fórmase polas persoas e a
súa lingua, está en nós, polo que se acontece unha catástrofe a medida que sería
máis conveniente tomar e reubicar aos habitantes nunha zona e, mediante diversas
campañas, atraer a novos habitantes dispostos a aprender a propia lingua.
Como posible solución á problemática actual da morte
das linguas, o primeiro que se debería facer é concienciar ás novas xeracións
dende máis cativos. Levo un tempo dando clases a nenos en Galicia, de idades
distintas, e cada vez lles custa máis entender o galego, aínda tendo nacido e
sendo criados aquí. Os país xa non falan o idioma na casa, polo que os nenos na
escola non o entenden ou non son capaces de producir frases no idioma da súa
terra natal. Ademais, de cara ó futuro, é o noso deber transmitir a nosa lingua
ás xeracións futuras.
A vida das linguas está nas nosas mans, loitemos
xuntos por non deixalas morrer.
Comentarios
Publicar un comentario