A morte das linguas
O obxecto de debate desta semana son os catro textos relativos á morte das linguas. Neles atopamos opinión diversas en canto á visión da perda que se está a producir neste ámbito. Por unha banda, os autores Salikoko Mufwene e Mauro Fernández defenden que esta perda xa é inevitable e parte incluso do propio ciclo da vida. A diferenza máis notable é que, mentres Mufwene ten unha posición resignada frente ao tema, Mauro Fernández propón centrarse na recolección de mostras das linguas que se atopan en perigo, tentar conxelalas. David Crystal amósanos unha visión a ter en conta en tanto á desaparición das linguas, que é a posibilidade de que unha catástrofe natural asole a terra na que habitan estas, acabando cos seus habitantes e falantes. Esta visión pode ligarse á visión de morte de linguas como unha catástrofe. Un suceso devastador que arrasa con todo o que atopa diante, visión que critica Mauro Fernández. Por último, contrapoñéndose notablemente aos dous primeiros autores, ...